Técnico Superior en

Proxectos de Edificación

Familia:

 

 Duración dos estudos:

 

 Que se aprende a facer?

 

 

 

 

En que ámbitos se traballa?

 


 

 

 Que ocupacións se desempeñan?

 

 

 

 

 

 

 

Cales son os módulos deste ciclo?

 

 

 

  

Edificación e obra civil

 

2000 horas (Dous cursos)

 

A competencia xeral deste título consiste en elaborar a documentación técnica de proxectos de edificación, realizar trazas de obra e xestionar o control documental para a súa execución, respectando a normativa e as condicións ambientais, de calidade e de seguridade establecidas.

 

 

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade como persoal asalariado ou autónomo en estudios de arquitectura, enxeñaría e delineación, en consultorías, en promotoras inmobiliarias, en empresas construtoras e na Administración. A súa actividade está regulada.

 

 

Técnico/a superior proxectista de edificación; técnico/a superior de edificación; técnico/a superior de instalacións; maquetista de construción; axudante de xefe/a de oficina técnica; axudante de planificador/ora; axudante de técnico/a de control de custos; técnico/a de control documental; especialista en implantacións; axudante de procesos de certificación enerxética de edificios; técnico/a de eficiencia enerxética de edificios; delineante proxectista de redes e sistemas de distribución de  fluídos, especialista en modelado tridimensional con medios informáticos.

 

 

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Primeiro Curso

Código Módulo Duración
Sesións semanais
MP0562 ESTRUTURAS DE CONSTRUCIÓN 107
4
MP0563 REPRESENTACIÓNS DE CONSTRUCIÓN 347 13
MP0565 IMPLANTACIÓNS DE CONSTRUCIÓN 133 5
MP0567 DESEÑO E CONSTRUCIÓN DE EDIFICIOS     133 5
MP0568 INSTALACIÓNS EN EDIFICACIÓN 133 5
MP0573 FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL 107 4
  TOTAL 960  

Segundo Curso

Código Módulo Duración
Sesións semanais
MP0564

MEDICIÓNS E VALORACIÓNS

DE CONSTRUCION

87
5
MP0566
PLANIFICACIÓN DE CONSTRUCIÓN
87
5
MP0569

EFICIENCIA ENERXÉTICA EN EDIFICACIÓN

70
4
MP0570

DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE

EDIFICACIÓN RESIDENCIAL

210
12
MP0571

DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE

EDIFICACIÓN NON RESIDENCIAL

123
7
MP0574
EMPRESA E INICIATIVA EMPRENDEDORA
53
3
  TOTAL 630  
MP0572 PROXECTO EN EDIFICACIÓN 26  
MP0575 FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO 384  

Horario das clases:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Requisitos de acceso a os Ciclos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

 

 

 

 

A que outros estudos se pode acceder?

 

 

 

 

 

 

Acceso aos estudos universitarios

 

 

 

Nota de admisión


 

 

 

    

 

 

 

Créditos e materias recoñecidas

 


No IES Gonzalo Torrente Ballester, as clases impártense en sesións de 50 minutos. O horario lectivo esténdese entre as 8.30 e as 14.10 horas os martes, mércores e venres, e entre as 8.30 e as 15.00 horas os luns e os xoves. Ademais, os mércores pola tarde en horario de 16.00 a 19.30 horas hai actividade lectiva para os alumnos de Ciclos Formativos. A xornada escolar conta con dous recreos: o primeiro de 10.10 a 10.25 horas e o segundo de 12.05 a 12.30 horas.

 

Non obstante o anterior, o centro abre as súas portas todos os días ás 8.20 horas e o horario de atención das dependencias administrativas é de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas. As instalacións péchanse todos os días á mesma hora na que remata a actividade docente.

 

 

Para poder cursar estudos de ciclos formativos de grao superior, o alumnado debe cumprir algún dos requisitos seguintes:

  • Título de bacharel.
  • Título de técnico especialista, de técnico superior ou equivalente para efectos académicos.
  • Titulación universitaria ou equivalente para efectos académicos.
  • Ter superado o segundo curso de calquera modalidade de bacharelato experimental.
  • Ter superado o curso de orientación universitaria (COU) ou preuniversitario (PREU).
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Ter superada a proba de acceso a ciclos formativos.

De non cumprir ningún dos requisitos anteriores é posible acceder a un ciclo de grao superior superando as probas de acceso que as administracións educativas organizan todos os anos, sempre e cando se dean algunha das seguintes situacións:       

  • Ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
  • Cumprir ou ter cumpridos dezaoito anos no ano natural de celebración da proba e dispor dun título de técnico, no momento de inscrición na proba, que pertenza a algunha familia profesional incluída na opción a que opta, consonte a táboa do anexo III da resolución (DOG do 20 de xaneiro de 2011).

Acceso directo a calquera outro ciclo formativo de grao superior e a calquera estudio universitario de grao, incluso arquitectura, enxeñería da edificación, enxeñería en xeomática e topografía, enxeñería civil, enxeñería de camiños, enxeñería agrícola, enxeñería forestal, enxeñería industrial, enxeñería mecánica, enxeñería eléctrica, enxeñería naval, enxeñería aeronáutica e demais titulacións da rama da  arquitectura e enxeñería.

 

 

As persoas que dispoñan do título de técnico superior de formación profesional, ou de títulos equivalentes, poderán acceder de modo directo, sen necesidade de proba, a calquera ensinanza universitaria de grao.

 

 

No caso de que o número de solicitudes de admisión a unha ensinanza conducente a un título universitario de grao sexa maior que o número de prazas dispoñibles, e para os efectos de ordenar as solicitudes para a súa adxudicación, utilizarase unha nota de admisión que coincidirá coa nota media do ciclo formativo.

 

Nota de admisión = NMC (nota media do ciclo formativo)

 

As persoas que desexen mellorar a nota de admisión deberán realizar os exercicios da fase específica das probas de acceso á universidade.

 

Os créditos e materias recoñecidas nas titulacións universitarias oficiais de grao para os titulados en formación profesional de grao superior pódense consultar no seguinte enlace:

 


Cargando buscador